Gondomar amplía o “leira-parking” situado xunto a estación de autobuses

O Concello de Gondomar vén de ampliar o aparcamento gratuíto situado entre a estación de autobuses e a Praza Rosalía de Castro, aberto o pasado mes de abril. O “leira-parking”, situado na Avda. Curros Enríquez, aumenta así a súa capacidade dunha vintena de prazas a máis dun centenar. Con este aparcamento Gondomar conta con tres “leira-parking”, e outros tres aparcamentos en asfalto no mesmo centro urbano. “Non serán os últimos, asegúrovolo”, afirma o alcalde, Paco Ferreira.