Nigrán informa da apertura de prazo do programa de termalismo

O Concello de Nigrán informa que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais abriu o prazo para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO dirixido a pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente; pensionistas por viuvez de 55 anos ou máis; pensionistas por outros conceptos de 60 anos ou máis; ou persoas de 65 anos ou máis aseguradas ou beneficiarias do sistema de Seguridade Social.

Todos deben ser do sistema de Seguridade Social español. Este programa proporciona tratamentos termais a desfrutar en balnearios de toda a xeografía nacional a prezos reducidos en réxime de aloxamento con pensión completa. As estancias poden ser de 10 ou de 12 días de duración.

Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes: para estancias entre os meses de febreiro a agosto de 2023 ata o 9 de xaneiro de 2023; para estancias entre os meses de setembro a decembro de 2023 ata o 15 de maio de 2023.

As persoas interesadas en participar neste programa deberán pedir cita previa no Departamento de Servicios Sociais do Concello de Nigrán, chamando ao teléfono 986.365.000 e pulsando o 4 en horario de 9:00 a 14:00 horas.