120 drons iluminan o ceo de Nigrán para celebrar a apertura do parque comercial Nasas

Preto de 500 invitados e o numeroso público que se congregou no Polígono Empresarial de Porto do Molle gozaron este xoves do espectáculo “Music Christmas Drones Light Show”, no que 120 drons realizaron distintas figuras no ceo para poñer o broche de ouro á inauguración do novo espazo comercial Nasas Nigrán. Umiles Group, a maior empresa española de sistemas aéreos non tripulados, foi a encargada de desenvolver a performance, especialmente deseñada para a ocasión.

Entre os asistentes estivo o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, así como o alcalde do municipio, Juan González, o delegado de Zona Franca, David Regades, o Director Xeral de López Real Investimentos 21, José Antonio García Agüera, e outras autoridades locais e invitados do sector empresarial e do mundo da política e celebrities como Bertín Osborne, Fabiola Martínez, Fran Rivera, Luis Figo, Juan José Padilla, Ángel Aceves ou Albert Rivera.

Nasas Nigrán ocupa unha parcela de 60.000 m² desenvolvéndose máis de 30.000 m² de superficie comercial que darán cabida a 31 locais comerciais e de lecer; cun investimento de 60 millóns de euros e xerando máis de 350 empregos directos e 150 indirectos. Unha ampla oferta que permite calcular en 5 millóns o número de visitas no seu primeiro ano de apertura.

O novo Espazo Comercial e de Lecer e restauración de LR21 conta cun mix comercial único en Galicia. Ás principais marcas nacionais e internacionais Leroy Merlin, Eroski, Decathlon, KIABI, Jysk, Merkal, Tienda Animal, Joma, Sprinter, Sakito Home, Maxcolchón, KFC, McDonal’s, Diver Jump, Bureu Valle ou Pepco, únese o pequeno negocio local da comarca onde se sitúa. Ademais das grandes marcas, negocios locais do Val Miñor como Bolera Táctica, Pizzería Mediterránea, Chuliña Enxebre Bar, Tapería Manyar, Peluquería Susana Méndez, Parafarmacia Sousa, Niñata Complementos ou Juan María by lolola, únense ao complexo comercial. Un compromiso de Grupo Inmobiliario LR21, promotor do polígono, de incorporar o pequeno negocio local no centro comercial.