Palestra sobre alternativas enerxéticas en Baiona

A Concellería de Medio Rural do Concello de Baiona organiza unha palestra para abordar as posibles solucións que temos como individuos e como comunidade ante a descomunal suba de prezos da enerxía. O acto será o sábado 3 de decembro ás 19:00 horas no Multiusos Mercado de Sabarís e contarán coa intervención de Xose Manuel Vilas, enxeñeiro e experto en temas enerxéticos, que fará unha exposición sobre comunidades enerxéticas, eficiencia e interpretación de facturas.