Podemos Baiona chama a garantir unha nova xeración de dereitos feministas tamén dende o municipal

Podemos vén de rexistrar un requirimento ao concello no que se pide a súa implicación no desenvolvemento nunha serie de medidas para a protección das vítimas de violencias machistas, das menores ante a violencia vicaria e a xeración de dereitos feministas que amplíen os dereitos das mulleres como mellor fórmula contra as violencias. Coincidindo co 25N, o Círculo de Podemos Baiona presentou unha proposta para a implicación activa do Concello nos avances feministas.

“É fundamental que o Concello como institución máis próxima se implique directamente nas medidas que protexan e amplían os dereitos das mulleres”, indica Leyenda, quen considera fundamental a coordinación das distintas institucións na liña que se está a marcar dende o Ministerio de Igualdade.

Leyenda explicou que “como sociedade debemos desenvolver mecanismos que protexan ás mulleres en situación de violencia e, sobre todo, políticas pensadas para transformar a sociedade e acabar coas violencias machistas”. Nese senso apunta que a educación con perspectiva feminista ou a educación sexual son instrumentos fundamentais para acadar sociedades máis libres, “porque a única maneira de garantir unhas vidas sen violencias pasa por establecer e dotar de recursos as políticas pensadas para garantir a autonomía e liberdade das mulleres”.