
O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un ano máis a “Ludoteca de Nadal 2022” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. Está destinada a nenos e nenas empadroados en Nigrán con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, e desenvolverase dende o día 23 de decembro ata o día 5 de xaneiro de luns a venres no CEIP Humberto Juanes de Nigrán. En total, ofértanse 60 prazas e o custe é de 10 €.
O período de inscrición comeza o día 24 de novembro e finaliza o día 2 de decembro. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na páxina web http://www.nigran.es/Taboleiro de Anuncios/Anuncios.
Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.