I Torneo Terra de Turonia en Gondomar

A partir das 9:00 da mañá deste sábado 19 de novembro terá lugar a primeira edición do Terra de Turonia, torneo de fútbol gaélico feminino no campo de A Gándara, Chaín. Participarán Fillos de Breogán, Auriense, Estrela Vermelha, Irmandinhos, Herdeirxs de Dhais e Inde, equipos que se medirán ás rapazas do Turonia GFG na disputa do trofeo. A final disputarase ás 11:30.