Interrupción do subministro eléctrico no centro de Baiona por traballos de mellora

O Concello de Baiona informa de que co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, o próximo día 18 de novembro, de 00:00 a 2:00 e de 2:00 a 4:00 horas, a compañía UFD – Distribuidora de electricidade do Grupo Naturgy, vai proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións no municipio, o cal pode provocar interrupcións na súa subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares de 00:00 a 2:00:

  • Brasil Nº 2
  • Cuba Nº 2 a 4, 6
  • Palos de la Frontera Nº Impar 7 a 11

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares de 02:00 a 4:00:

  • Arquitecto Palacios Nº 1 a 4
  • Avda. Joselín Nº 6, 7, 11
  • Cristóbal García Sarmiento Nº Par 4 a 10
  • Paseo Pinzón Nº 1
  • Tomás Mirambell Nº 2 a 4, 6 Impar 9 a 13
  • Urbanización Virgen de la Roca Nº 1, Par 2 a 6, 7 a 9, 15, Par 12 a 16, 21, 23
  • Barrio Percibilleira Nº 2, 4

Desde o Concello de Baiona rogan desculpen as posibles molestias ocasionadas. Os interesados en calquera aclaración poden poñerse en contacto a través do teléfono 900 333 999.