Continúa a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

Este fin de semana continúa a programación da IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia, organizada polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración do Concello de Gondomar. O Auditorio Lois Tobío acollerá a representación de dúas pezas teatrais das compañías da vila. O sábado 19 de xaneiro ás 19:30 horas, Vichelocrego representará a obra “Cóncavo-Convexo”, e o domingo 20 ás 18:00 horas, será a quenda de “Rosa Rosae”, representada por Pritis-Guomins da Aula de Teatro de Gondomar. A entrada é gratuíta e para todos os públicos.