Ouro para o baionés David González no 12º Torneo Villa de Gijón

O baionés David González Silva logrou este sábado o ouro no 12º Torneo Villa de Gijón. O deportista do Club de Loita Sabarís competiu na categoría Sénior Libre Olímpica en 65 quilos. A Selección Galega finalizou no terceiro posto nesta competición disputada no Pavillón de El Llano-Contrueces. Un total de 2 ouros, 2 pratas e 3 bronces, fixeron que o combinado galego subise ao terceiro posto do podio, nesta competición de rodaxe para os deportistas.