O baionés David González acode ao 12º Torneo Villa de Gijón

Para este comezo de tempada, Galicia acude ao Torneo Villa de Gijón de Loitas Olímpicas cun total de 10 deportistas e 4 técnicos, entre eles o baionés David González Silva, do Club de Loita Sabarís, que participará na categoría Sénior Libre Olímpica en 65 quilos. A actividade, que se celebra este sábado 12 de novembro desde as 16:00 horas no Pavillón de El Llano-Contrueces, é a primeira fóra de Galicia nesta nova tempada que acaba de comezar. Tras a competición de deporte base 12ª Copa Deputación de Ourense, póñese en marcha un novo calendario de competicións, repletas de novos retos, para este vindeiro ano.