A parroquia gondomareña de Borreiros celebra esta fin de semana as festas na honra de San Martiño. O venres 11 de novembro a verbena estará amenizada polo dúo Copa Rota. O sábado día 11 haberá pulpeiro e churrasco desde as 11:00 da mañá. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne con sermón seguida de procesión acompañada por un grupo de gaitas. Pola tarde celebrarase un magosto con verbena amenizada por unha agrupación musical.
Borreiros celebra as festas de San Martiño

