Nigrán abre o prazo de inscrición para un curso de defensa persoal destinado a mulleres

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) organiza un curso de defensa persoal destinado a mulleres no marco as diferentes accións pola conmemoración do 25 de novembro, do Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres. O curso desenvolverase os días 21 e 28 de novembro no Pavillón deportivo de 9:30 a 13:30 horas. Terán preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Nigrán.

O período de inscrición comezará o día 7 de novembro e rematará o día 15 de novembro. As mulleres interesadas deberán inscribirse no Centro de Información ás Mulleres no teléfono 986 383930 ou no correo cim@nigran.org. O curso está financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade.