Obradoiro de restauración de pequeno mobiliario no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomunitario de Baiona ofrece un obradoiro de restauración de pequeno mobiliario que se impartirá os xoves durante os meses de novembro e decembro en horario de 16:30 a 18:30 horas. A inscrición, cun custo de 5 euros, pode formalizarse no teléfono 886110123.