A escritora nigranense Soledad García gaña o certame de relato curto do Concello de Baiona

A escritora e poeta Soledad García coa obra “Nunha vila caben todos os ventos” é a gañadora do III Certame “O enxeño engaiolado” de Baiona. A obra gañadora transcorre pola costa de Baiona facendo unha reflexión sobre como podemos afrontar o sentimento de perda de identidade cando nos enfrontamos ante unha inxustiza e o impacto emocional e ambiental dos nosos actos.

A escritora, que vén de presentar estes días o seu último traballo “Samagostín”, é autora de varios libros infanto-xuvenís: “Dedas”, “Un paseo por Nigrán” e “Un paseo por Baiona”, o libropoema “Poemarcovida” e obras colectivas con outros autores na editorial Galaxia e Kalandraka.

Os seus traballos destacan pola orixinalidade dos textos, o emprego dunha coidada linguaxe e un enfoque medioambiental para dar a coñecer e defender a comarca do Val Miñor. Os libros son evolutivos e didácticos, contando con actividades e rutas para desfrutar en familia.

Soledad García é a escritora do grupo de fusión de arte Solaina e forma parte do grupo de Promoción Urbana do Galego no Instituto de Estudos Miñoráns.