Baiona presenta á veciñanza o Proxecto de Remodelación do Paseo Pinzón

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Unha parella pasea por unha das zonas afundidas pola erosión do mar.

Mañá, xoves 3 de novembro, ás 17:30 horas no Auditorio Municipal V Centenario de Baiona, realizarase a presentación do Proxecto de Remodelación do Paseo Pinzón polo Director de Obra Manuel Portolés. O alcalde convida a veciños e veciñas a achegarse ata o Auditorio para descubrir a obra que realizarase durante os vindeiros meses.