A Xunta de Galicia deixa sen comedor escolar a parte dos alumnos do CRA de Peitieiros

Os alumnos do CRA de Peitieiros, ata o ano pasado que eran xestionados polo Concello de Gondomar, comían todos no comedor do colexio Neira Vilas (situado alén da rúa). Desde este ano, a xestión é da Xunta, e segundo o alcalde, Paco Ferreira, “sen xustificación algunha e de maneira inexplicable só permite que usen o comedor catro, deixando a dous sen servizo”.

“Debido a iso, algúns pais víronse obrigados a cambiar de colexio para poder conciliar e outros xa non matricularon aos seus fillos no centro. Desde o Concello non podemos permitir esta discriminación e diminución do servizo polo feito de que a Conselleria de Educación pretenda acabar cos CRA’s, un modelo educativo polo que tanto pais como o propio Concello aposta firmemente e non permitirá que sexan desmantelados”, engade o rexedor.

Onte ANPAS, pais, nais e forzas políticas mostraron a súa repulsa e pediron á Xunta que admita e restitúa de inmediato o servizo de comedor do CRA de Peitieiros, así como que estude estender o servizo ao restantes CRA’s do municipio. “Como alcalde, pedirei o máis axiña posible unha reunión para tratar este asunto co Delegado Territorial de Educación”, conclúe Ferreira.