Carlos Méixome presenta en Baiona o libro “O terror nas Tebras e outras catas na memoria”

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, clausura a programación especial polo Mes da Memoria Histórica este venres 28 de outubro ás 20:00 no Multiusos de Sabarís coa presentación do libro de Carlos Méixome Quinteiro “O terror nas Tebras e outras catas na memoria”. O autor estará acompañado por Juan González, historiador especialista na Guerra Civil, e o músico e psiquiatra Antón Seoane. Durante este mes de outubro veuse desenvolvendo unha programación dedicada en exclusiva á memoria histórica como se vén facendo desde o ano 2019.