Baiona continúa co Mes da Memoria Histórica coa proxección do documental “La cárcel de curas”

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, continúa coa programación especial polo Mes da Memoria Histórica este venres 21 de outubro ás 20:00 no Multiusos de Sabarís cun dos actos estrela, a proxección de “La cárcel de curas”, documental vasco de 2021 de Oier Aranzabal, Ritxi Lizarta e David Pallarés que narra a historia da viaxe real ao que foron sometidos 53 relixiosos de Madrid, Galicia, Cataluña e País Vasco no seu traslado forzoso ao devandito penal de Zamora, que foi o único cárcere de curas do mundo. Á proxección acudirán os seus directores e algún dos relixiosos represaliados co fin de establecer un coloquio posterior. Durante este mes de outubro vén desenvolvéndose unha programación dedicada en exclusiva á memoria histórica como vén facendo desde o ano 2019.