A Garda Civil intercepta a un ciclista circulando pola AP-9 e en horario nocturno

Sobre as 21:45 horas do pasado mércores 5, o 112 pasa aviso ao COTA de Pontevedra, de varias chamadas de usuarios da AP-9 alertando da circulación dunha bicicleta á altura do km. 130, sentido Tui, termo de Pontevedra. Inmediatamente trasládase ao lugar unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, e localiza ao ciclista que circula á altura do km. 131,500, sentido Tui, trátase dun repartidor de comida a domicilio.

A patrulla indícalle que ten que abandonar a vía pola que circula, e proceden a acompañarlle escoltándoo para darlle protección, ata un lugar seguro, onde o identifican, tratándose dun home de 39 anos, veciño de Sanxenxo. Tras ser preguntado polo feito de circular por unha vía non apta para a circulación de bicicletas, sendo ademais horario nocturno, co risco engadido que iso supón, tanto para a súa propia integridade como para o resto de usuarios, di que o fixo seguindo indicacións do GPS que leva instalado na bicicleta.

Formúlaselle unha denuncia por circular por unha autoestrada cun vehículo que está expresamente prohibido, o que supón unha sanción de 200€. Desde o Subsector de Tráfico de Pontevedra, unha vez máis, quérese agradecer a todos os cidadáns en xeral, e aos usuarios que circulan polas diferentes vías en particular, a colaboración que veñen realizando ao advertir coas súas chamadas de todas aquelas conducións irregulares que observen, xa que pode con iso evitarse situacións de risco para a seguridade viaria.