
O Concello de Gondomar, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, abre o prazo de solicitude para sete cursos de formación en liña, en materias relacionadas coa igualdade e as novas tecnoloxías.
Os cursos destinados exclusivamente a mulleres serán os seguintes:
- Igualdade de oportunidades en actividades de ocio e tempo libre (30 horas).
- Actuacións fronte ao acoso sexual (12 horas).
- Educación para a diversidade (110 horas).
- Trámites online coa administración (25 horas).
- Internet avanzado (40 horas).
- Firma e facturación electrónica (20 horas).
- Seguridade da información (20 horas).
As interesadas deberán cubrir unha solicitude que poderán descargar na seguinte ligazón. Só poderá facerse un dos cursos, elixido de entre tres por orde de prioridade, que será asignado en función da disponibilidade de prazas. O prazo para presentación de solicitudes permanecerá aberto do 13 ao 20 de outubro.