
Onte o Turonia GFG acadou o seu primeiro título da tempada ao proclamarse como campión da fase SHIELD do I Torneo de Fútbol Gaélico Mixto Terras de Trazo (Santiago). Unha combinación entre os rapaces de nova incorporación xunto con algúns veteranos deu bo resultado.
Desde o Turonia GFG insisten no seu chamamento para que toda a rapazada do Val Miñor probe este deporte, rapaces e rapazas. Os adestramentos son no campo de Chaín, os luns e mércores de 21:30 a 23:00 horas. Os interesados en probar deben contactar co club previamente vía as súas redes sociais ou no seu e-mail turoniansvalminhor@gmail.com.