
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou hoxe o importante labor do asociacionismo feminino en Galicia para seguir impulsando a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Na inauguración do XI Encontro de mulleres organizado pola asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo, lembrou o programa de axudas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, que beneficiou en 2021 a 65 asociacións de mulleres, 28 federacións ou confederacións de mulleres. O financiamento autonómico permitiu levar a cabo 200 actuacións, en 109 concellos, nas que participaron 16.300 mulleres e 2.900 homes.
Referido á Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo sinalou que a Xunta apoia o seu traballo con preto de 125.000 euros desde 2009 e puxo en valor os programas e recursos autonómicos para facer fronte á violencia de xénero, lembrando que a Lei galega neste ámbito foi pioneira no conxunto do Estado.