Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este venres e sábado en Gondomar

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Gondomar.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este venres e sábado, 23 e 24 de setembro, o municipio de Gondomar. Estará situada dentro da estación de autobuses en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas o venres e de 10:00 a 15:00 horas o sábado. Desde o 1 de agosto xa non é necesario pedir cita previa.