O novo espazo comercial e de lecer Nasas Nigrán dará cabida ao pequeno negocio local

Bolera Táctica, Pizzería Mediterránea, Chuliña Enxebre Bar, Tapería Manyar, Peluquería Susana Méndez, Parafarmacia Sousa, Niñata Complementos, son só algúns dos negocios locais da comarca do Val Miñor que abrirán ao público o próximo mes de decembro no Novo Espazo Comercial, Lecer e Restauración Nasas Nigrán.

Con esta iniciativa, o Grupo Inmobiliario LR21 cumpre o seu compromiso de dar cabida ao negocio local da comarca onde se situará o novo espazo comercial. Ás principais marcas nacionais e internacionais Leroy Merlin, Eroski, Decathlon, Jysk, Merkal, Tienda Animal, Joma, Sprinter, Sakito Home, Maxcolchón, KFC, McDonals, Diver Jump, Kiabi, Bureu Valle e Pepco, únese agora a presenza de negocios locais que apostan por Nasas Nigrán para potenciar a súa visibilidade.

Con esta aposta polo negocio local Nasas Nigrán completa a súa oferta, alcanza o 99% de ocupación dos seus 27.000 m2 e aspira a converterse no referente comercial da provincia.

Un novo concepto de parque comercial

Trátase dun proxecto estratexicamente situado en pleno Parque Empresarial Porto do Molle cunha área de influencia total de máis de 400.000 habitantes a menos de 20 minutos e cun deseño innovador e de alta calidade que desdebuxa o concepto de compra tradicional ofrecendo unha experiencia única para os usuarios, reformulando o concepto de parque comercial tradicional ao combinar as grandes superficies comerciais especializadas cunha ampla oferta de espazos lúdicos e de esparexemento.

Sobre LR21

Grupo Inmobiliario de capital 100% español que aposta polo desenvolvemento económico e comercial en todo o ámbito nacional.