
Hoxe xogouse en Madrid a fase final do Campionato de España de bolo celta individual de primeira categoría. O resultado final foi:
- Campión de España, Gaspar Suárez de IV Los Valles de Tineo-Asturias.
- Subcampión, Cristian García de L’Acabose de Tineo.
- Terceiro, Brais García de bolos Belesar Urgal de Baiona.
- Cuarto, José M. Torres de bolos San Cibrán de Gondomar.
Ao rematar este campionato celebrouse o Campionato de Seleccións, no que a selección galega resultou gañadora. No segundo lugar a selección asturiana e terceira a selección de Madrid.