A baionesa Iria Ludeña e a tudense Irea Alonso cólganse o ouro no Descenso Internacional do Miño

Este sábado celebrouse en Tui o Descenso Internacional do Miño. A baionesa Iria Ludeña colgouse o ouro na categoría Cadete K2 xunto coa súa compañeira do Kayak Tudense Irea Alonso, cunha marca de 01:12:57,56. Última proba dunha exitosa tempada. Mesmo co incidente de que envorcaron, recuperáronse e volveron coller a cabeza da regata, chegando con vantaxe con respecto ás súas perseguidoras, as mozas do Fluvial de Lugo. A distancia percorrida era dun 15 km.