
O Concello de Gondomar poñerá en marcha un ano máis as súas escolas deportivas en colaboración coa Deputación de Pontevedra. A partir do próximo mércores 21 abrirase o prazo de inscrición para as disciplinas de judo, balonmán, baloncesto, patinaxe artística, psicomotricidade e multideporte, taekwondo, GAP, ximnasia de mantemento, xadrez e marcha nórdica. O goberno local ten feito dende a súa chegada unha aposta decidida polo deporte en xeral e particularmente polo deporte de base, co incremento de orzamentos e melloras constantes das instalacións deportivas e a posta en marcha de outras novas.
O Alcalde Paco Fereira destacou que “Gondomar xa é un referente no deporte base en Galicia, e proba diso é que algúns dos e das deportistas de Gondomar que actualmente están competindo a nivel autonómico, nacional e incluso internacional deron os seus primeiros pasos no deporte nas nosas escolas municipais”. “Gondomar é unha vila que vive o deporte como ferramenta para unha vida máis saudable e para a socialización e por tanto seguiremos traballando para ampliar as nosas escolas tanto en número de prazas como de disciplinas”.