O CB Baiona abre a inscrición para a nova tempada

Estas semanas arrancou a tempada número 23 no Club Baloncesto Baiona. No CB Baiona oferta a actividade de baloncesto para todos aqueles mozos e mozas que queiran practicar este deporte. No Club atoparanse grupos de adestramento para todas as idades e niveis de competición. Para os máis pequenos, o Club leva varias tempadas ofertando grupos de Baby-Basket (4 e 5 anos) e Prebenxamín (6 e 7 anos) e como cada tempada, queren seguir promovendo o traballo nestas idades tan importantes para o seu desenvolvemento.

Tamén conta coa Escola CB Baiona (6-13 anos) para todos os alumnos de Primaria dos centros escolares do Concello de Baiona e algúns do Val Miñor. E por suposto, os Equipos Federados do Club (desde 7 anos ata sénior), onde tempada tras tempada buscan a mellora de cada xogador, promovendo o desenvolvemento individual e colectivo, baseado nunha boa educación deportiva de todos os seus equipos.

Tamén destacar que todos os xogadores contan con adestradores titulados, con gran experiencia nestas idades, adestramentos adaptados (dinámica da sesión, material especial, …), partidos de iniciación e seguro deportivo. Para máis información ou resolver calquera dúbida, os interesados poden contactar no teléfono 676 168 987 (David Castiñeiras – Director Deportivo) ou a través do correo clubbaloncestobaiona@clubbaloncestobaiona.com.