Aprazado o roteiro por un tramo do Camiño Portugués pola Costa previsto para este mércores

O Concello de Nigrán informa que queda aprazado o roteiro previsto para este mércores 7 de setembro ás 19:00 horas por un tramo do percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa, ante a previsión de fortes choivas. A andaina, que estará guiada e constará dos 4,5 km que separan O Ceán (Pazo de Abacial) e Priegue (banco do peregrino) con apoio dun autobús para regresar ao punto de orixe, trasladarase a unha nova data que se comunicará cando as condicións meteorolóxicas melloren.

O roteiro terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Realizaranse paradas no barrio do Ceán (desde onde arranca, no Pazo de Abacial), Casa de Brito (Parada), rúa dos Pazos, Pazo de Cea, Camiño Real e Banco do Peregrino en Priegue con regreso en autobús ao Ceán. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga.