Festas da Virxe dos Milagres en Peitieiros

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra a próxima fin de semana as festas na honra da Virxe dos Milagres. O venres 9 de setembro, a orquestra Saudade e o grupo Claxxon amenizarán a verbena. O sábado día 10 os encargados de animar a noite serán o grupo Arco Iris e a Discoteca Móbil Chocolate cos DJ Óscar Arias, Fita e Charlie.

O domingo 11 de setembro pola mañá haberá un pasarrúas a cargo da Banda de Música Unión Musical de Guláns. Ás 12:30 do mediodía celebrarase a Misa Solemne na honra da Virxe dos Milagres, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto a continuación.

O domingo haberá ademais misas ás 9:00, 10:00 e 11:00 da mañá e ás 18:30 horas da tarde.