Nigrán ofrece un roteiro polo percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa

O Concello de Nigrán continúa este mércores 24 de agosto coas súas andainas da programación de verán cun roteiro polo percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa. O punto de encontro é ás 19:00 horas na Ponte Románica da Ramallosa (non é precisa inscrición previa e é de balde) e terá unha duración de 2 horas aproximadamente, sendo a dificultade media-baixa. Os participantes deberán levar roupa e calzado axeitados, así coma unha botella de auga. O seguinte roteiro será “A praia dos Afogados” o 31 de agosto desde a praia da Madorra ás 19:00 horas (andaina baseada no libro de Domingo Villar).