Conferencia sobre meditación e saúde no Centro Sociocomunitario de Baiona

O Centro Sociocomunitario de Baiona (Rúa Dolores Agrelo, 16 (á beira do Pavillón de Deportes), acolle este mércores 24 de agosto ás 12:00 do mediodía unha conferencia sobre meditación, zen e taísmo para a saúde e longa vida, a cargo do psicólogo Alberto Toral Iglesias. Ao finalizar poderase establecer un pequeno coloquio.