Este venres celebrouse a XIX edición do Concurso de Pesca Infantil “Vila de Baiona” Gran Premio Obra Social “laCaixa”, organizado pola Concellería de Deportes e Actividades Marítimas. Desenvolveuse no porto pesqueiro coa participación dunha trintena de nenos e nenas repartidos nas categorías Sub 8, Sub 12 e Sub 16, concentrando ademais a gran cantidade de curiosos nunha tarde solleira e propicia para o desenvolvemento do concurso.
Durante o transcurso do evento, os participantes estiveron arroupados por José Castro, Monitor Deportivo de Pesca e Xuíz Nacional de Pesca Deportiva, Laura Castro, Monitora de Lecer e Tempo Libre, Miriam Costas, concelleira de Deportes, e Carlos Gómez, alcalde de Baiona, que pecharon o concurso coa entrega de premios. Entregáronse trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, e trofeo á peza de maior peso e ao maior número de pezas, ademais de agasallos para todos.
CATEGORÍA SUB 8:
- ZOE DAROCHA BELTRÁN – 346 puntos.
- SOFÍA CORES DEZA – 100 puntos.
CATEGORÍA SUB 12:
- FABIÁN MARTÍNEZ COSTAS – 6.631 puntos.
- ALEJANDRO SOMOZA RAMOS – 1.491 puntos.
- ENZO GÓMEZ SILVA – 1.482 puntos.
CATEGORÍA SUB 16:
- MARIO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ – 525 puntos.
- JORGE BREA LOBATO – 218 puntos.
PEZA MAIOR DO TORNEO:
- 1º – FABIÁN MARTÍNEZ COSTAS – 1.622 puntos.
MAIOR NÚMERO DE PEZAS:
- 1º – ENZO GÓMEZ SILVA – 11 pezas.

