Festas da Virxe das Angustias en Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Procesión da Virxe das Angustias.

Nigrán celebra esta fin de semana as festas na honra da Virxe das Angustias. O venres 19 de agosto a programación comezará ás 19:00 horas cunha Misa Rezada na honra da Nosa Señora de Buján. Ás 19:30 horas sairá desde a Praza do Concello un pasarrúas cos xigantes e cabezudos acompañados pola Banda de Música do Val Miñor. Ás 20:00 horas haberá unha gran tirada de fogos a cargo da Pirotecnia Argimiro Alborés de Parada, e a continuación a Banda de Música e os xigantes e cabezudos farán a súa entrada no recinto de festas. Ás 21:00 horas a Banda de Música do Val Miñor ofrecerá un concerto, e ao finalizar, comezará a verbena co trío D’Líder e o grupo Kamelot.

O sábado 20 arrancará cun pasarrúas da Banda de Música Agrupación Musical de Belesar ás 10:00 da mañá. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne na honra de San Campio, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto a continuación. Pola noite, a orquestra Alabama e o grupo S’Vigo amenizarán a verbena.

O domingo 21 iniciarase ás 10:00 da mañá cun pasarrúas da Banda de Música Unión Musical de Guláns. Ás 12:00 horas celebrarase unha Misa Solemne na honra da Virxe das Angustias, seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, que ofrecerá un concerto a continuación e amenizará a verbena nocturna xunto coa orquestra Casablanca.

Actos relixiosos

Haberá Misas Rezadas o sábado 20 ás 10:00 e ás 20:00 horas e o domingo 21 ás 10:30.