Glovo ofrecerá unha experiencia de delivery única para os asistentes ao Barbeira Season Fest

A tecnolóxica española Glovo e o Barbeira Season Fest, que se celebrará en Baiona do 31 de agosto ao 4 de setembro, únense por segundo ano consecutivo para ofrecer unha experiencia de delivery única para os asistentes do festival. Grazas a este acordo, os usuarios contarán cunha app de Glovo totalmente personalizada cunha ampla oferta gastronómica e información do evento.

Así, os usuarios de Glovo que asistan ao Barbeira Season Fest poderán pedir a súa comida favorita e recollela nos postos de comida habilitados dentro do recinto cando estea lista. Os asistentes poderán pagar a través da app ou coas pulseiras cashless cando recollan o pedido. Desta forma, evitarán colas e esperas e poderán seguir gozando da música en directo mentres, na zona gastro, preparan o seu pedido.

Como en pasadas edicións, o Barbeira Season Fest contará cun importante compoñente gastronómico. Nesta ocasión, a organización do festival habilitará unha zona gastro homenaxe á hostalería local, con tapas deseñadas por distintos restauradores.

En palabras de Eugenia Marín, Directora Rexional de Glovo para a zona Noroeste: “A través deste tipo de iniciativas, apostamos pola vida cultural da rexión, ofrecendo aos asistentes unha ampla oferta gastronómica dunha forma rápida e eficiente. Desde Glovo, seguiremos conectando aos usuarios coas infinitas posibilidades das súas cidades”.

Segundo Isaac González, Director do Barbeira Season Fest: “Esta colaboración permítenos ofrecer unha mellora na experiencia de usuario, e facilita a loxística aos nosos partners gastronómicos, ademais de crear un espazo de I+D onde nos gusta rebuldar”.