Dous gardas civís fóra de servizo salvaron a vida a unha muller que se atragoou cun anaco de empanada

Dous gardas civís que se atopaban fóra de servizo salvaron o pasado sábado a vida a unha muller, de 80 anos, que se atragoou cando estaba a comer un anaco de empanada mentres estaba a ver un partido de fútbol en Moaña.

O suceso produciuse sobre as 13:15 horas, nas bancadas do campo de fútbol “lago Aspas” de Moaña. Ao decatarse da incidencia, estes dous gardas civís que estaban a ver o partido, un deles destinado no Centro Operativo Complexo (COC) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra e o outro no Subsector de Tráfico, acudiron inmediatamente en auxilio da señora que xa se atopaba inconsciente e coa pel azulada. Entre os dous aplicáronlle a “manobra de Heimlich”, un procedemento de primeiros auxilios que consiste en comprimir o abdome para inducir a expulsión do obxecto da garganta ou a larinxe.

A rápida actuación e a eficaz aplicación da “manobra de Heimlich”, por parte dos dous gardas civís, foi determinante na satisfactoria recuperación da muller.