Camos celebra as festas de San Roque

A parroquia nigranesa de Camos celebra as festas de San Roque. Este martes día 16 de agosto celebraranse Misas ás 10:00 e ás 12:00, seguida esta última de procesión e concerto do Grupo de Gaitas “A Merced” de Chaín.

O martes 23 haberá de novo Misas ás 10:00 e ás 12:00. A continuación sairá a procesión e o Grupo de Gaitas Aires de Santes de Vincios ofrecerá un concerto. Ás 18:00 horas haberá animación infantil con inchable a cargo de Carcaxadas Animación de Festas. Pola noite, a partir das 21:30 horas, actuará a orquestra Solara e o grupo Xtra.

O mércores día 24 tamén se celebrarán Misas ás 10:00 e ás 12:00, para a continuación saír a procesión seguida de concerto da Banda de Música do Val Miñor. Ás 17:0 horas terán lugar as tradicionais “poxas”, e a partir das 21:30 horas, a sesión nocturna está amenizada polo grupo Ritmo e o dúo Sabor Latino.