Controlado un incendio forestal en Belesar

FOTO: PABLO PÉREZ PEREIRA // Incendio en Belesar.

Ás 18:39 horas deste domingo declarouse un incendio forestal na parroquia baionesa de Belesar, nas propiedades privadas entre Urgal e Estivada, segundo informaron desde a Comunidade de Montes. O lume deuse por controlado ás 19:30 horas e aínda se descoñece a superficie afectada. A Consellería do Medio Rural informou que na súa extinción participan 2 axentes, 3 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.