O comercio de Baiona sacará á rúa os seus produtos os días 2, 3 e 4 de setembro

A iniciativa “Baiona en Vela”, evento posto en marcha entre a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) e o Concello de Baiona, regresa á rúa Carabela Pinta tras o éxito das súas anteriores edicións. Nesta ocasión trátase da “Edición Verán”, que terá lugar os días 2, 3 e 4 de setembro, coincidindo coa Regata Príncipe de Asturias, para todo o comercio de Baiona.

Desde ACEBA e o consistorio animan aos comerciantes baioneses a participar no evento e informan que todas aquelas persoas interesadas en participar deberán solicitar a inscrición (gratuíta para os socios de ACEBA) nas oficinas da Asociación (R/Ramón y Cajal, 9 – baixo; en horario de luns a venres de 09:30 a 13:30 horas) ou mediante correo electrónico a través da dirección aceba@telefonica.net.

Como principal novidade para a Edición Verán, existe a posibilidade de estender o mercado cara ao Paseo da Ribeira, novidade que tan só implementaríase no caso de aumentar o número de comercios participantes da Vila. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o próximo 17 de agosto.