Hugo Suárez e Ana Marinho impóñense na XI Nigrán Area

Praia América e Panxón volveron este sábado a ser o escenario dunha das carreiras máis singulares do verán, a Nigrán Area, que cumpría a súa décimo primeira edición organizada pola Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, a Federación Galega de Atletismo e Deporte Galego.

Máis de 650 corredores participaron no evento, repartidos nas categorías Absoluta, Sub 16, Sub 14, Sub 12, Sub 10, Sub 8 e Pitufos. Todos eles tiveron que completar os diferentes circuítos, que ían desde os 100 ata os 6.000 metros dependendo da categoría, que discorrían entre o porto de Panxón e Praia América, itinerarios chairos sobre a area mollada, xa que se aproveita a marea baixa.

A competición retomou a normalidade pre-pandemia tras non celebrarse no ano 2020 e realizarse baixo medidas de seguridade Covid no 2021. O tempo fixo a súa parte con temperaturas suaves e ceo nubrado.

Nesta ocasión fíxose primeiro a carreira absoluta para aproveitar as horas de menor ocupación da praia. Foron vencedores Hugo Suárez Martínez e Ana Marinho. Os primeiros clasificados de Nigrán foron Roberto Garrido Pereira e Vitoria Moreu.

Nas categorías de menores en Sub 16 foron vencedores Iker Fidalgo Sebastián e Marta Pereira-Borrajo Vayo, en Sub 14 Adrián Rodríguez Antón e Laura Porto Patiño, en Sub 12 Hugo Furelos Caldas e Lola Poza, en Sub 10 Bruno Trashorras Domínguez e Lena Rise Pérez e en Sub 8 Gael Vicente Domínguez e Cíes Rial Couso.

RESULTADOS

El pase de diapositivas requiere JavaScript.