Este sábado día 9, a partires das 10:00 da mañá, o Bloque Nacionalista Galego celebrará no Centro Cultural de Baredo un encontro aberto para expoñer as motivacións polas que se opón á construción dun campo de golf e para brindar o apoio a todos os veciños e veciñas da parroquia de Baredo e, por extensión, do Concello de Baiona, que manifesten a súa intención de opoñerse a un proxecto ineficaz, innecesario e con motivacións ocultas. Ademais disto, contará coa presenza de Serxio Regueira, veciño de Moaña e membro da Plataforma en Defensa da Ría, que poderá relatar a experiencia vivida coa construción do campo de golf de Domaio. Durante o encontro repartirase un modelo de alegación para presentar no Concello (data límite 14 de setembro).


