Estabilizado un incendio forestal en Donas

Ás 15:57 horas deste sábado declarouse un incendio forestal na parroquia gondomareña de Donas. O lume deuse por estabilizado ás 16:47 horas e segundo informaron desde a Consellería do Medio Rural afectou a 0,4 hectáreas de monte arborizado. Na súa extinción participan 1 axente, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.