Medalla de prata para o gondomareño Joel Ribeiro na World Cup 2022

O gondomareño Joel Ribeiro logrou a medalla de prata na final da Artistic World Cup 2022, que se está disputando esta semana en Gottingen (Alemaña). Esta competición establece o ranking dos 10 mellores patinadores do mundo. O patinador do Club Patinaxe Artística Gondomar participou con programa curto e longo na categoría cadete na modalidade de libre masculino.

Quedan por disputar as categorías Júnior e Sénior da modalidade libre e o Sénior de Solo Danza, ademais da competición de grupos Show, na que o CPA Gondomar tamén está representado con “Last Kaneri”, composto por un patinador e oito patinadoras, Javier Martínez, Denís Alonso, Noa Álvarez, Xiana Fernández, Iria Boullosa, Alba Franco, Nerea Estévez, Andrea López e Nadia Iglesias.