Baiona celebra a noite de San Xoán con sardiñada, fogueira e música

FOTO: PEPE COSTAS

Este venres, 23 de xuño, o Concello de Baiona, coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), celebra a noite de San Xoán con sardiñada e a tradicional fogueira na Praia Ribeira a partir das 20:00 horas. Ademais, a velada estará amenizada coa música en directo do grupo El Patio e DJ Vince Stone.

Actos relixiosos

O sábado, día 24 de xuño, o barrio baionés de San Xoán celebrará a festividade do seu patrón, que comezará ás 10:00 da mañá cunha misa na Capela dedicada ao santo.

Pola tarde, ás 19:30 horas, sairá a procesión desde a Capela de San Xoán ata a ex Colexiata de Santa María, acompañada polo Grupo de Gaitas “A Seneira” de Baiona. O percorrido será polas rúas Diego Carmona, Laxe, San Xoán e Santa Liberata ata a ex Colexiata.

Ás 20:00 horas comezará a Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial e tras a súa celebración, a imaxe recollerase novamente na capela deste tradicional barrio da Vila.

Anuncios