Gondomar proxecta “Live is Life. La Gran Aventura” coa presenza de Javier Casellas

O Concello de Gondomar, dentro da súa programación cultural de verán, proxectará este sábado 13 de agosto ás 22:00 horas na Praza Paradela e con entrada gratuíta, o filme “Live is Life. La Gran Aventura” do director Dani de la Torre. A proxección contará coa presenza de dous dos seus protagonistas, Javier Casellas, veciño de Gondomar, e Adrián Barrena, que interpretan a Garriga e Rodri respectivamente. Antes do comezo da película, Casellas contará a súa experiencia rodando esta película en Monforte de Lemos durante tres meses.

Verán 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e viaxa coa súa familia ao pobo galego dos seus pais para reencontrarse coa súa cuadrilla. Con todo, este ano é distinto para el e os seus amigos. Os problemas do mundo real empezan a aparecer nas súas vidas, ameazando con separarlles. Aferrándose á amizade que lles une, os cinco amigos planean escaparse a noite de San Xoán en busca dunha flor máxica que, segundo conta a lenda, crece no alto dunha montaña e pode facer que os desexos se fagan realidade. Porque o seu único desexo agora é resolver o problema do seu amigo en apertos, e con iso poder seguir xuntos.