Concerto do conxunto de corda e voz “Baiona Bay” no Auditorio de Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 13 de agosto ás 21:00 horas no Auditorio Municipal o concerto do conxunto de guitarra e voz “Baiona Bay”. A entrada é libre ata completarse o aforo. A mediados do ano 2014, un grupo de amigos que gozan tocando e cantando, crean “Baiona Bay”. No 2015, con moito esforzo e dedicación, sacan á luz o primeiro CD, titulado “Punto de partida”. Baiona Bay está formada por: bandurrias (Luis, Guillermo e Paula); laud (Simba); guitarras (Celso, Guillermo, Moncho, Ana, Mary, Ana, Antonio, Viñas e Plácido); voces (Carmen, Ana, Kiko, Manolo, Chinto e Blach).