A Carrasca celebra a súa décima festa do ovo frito con chourizo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festa dos ovos con chourizo na Carrasca.

O Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, organiza este venres 12 de agosto a décima edición da festa gastronómica do ovo frito con chourizo. A partir das 21:30 horas, preto de 25 persoas da entidade estarán a traballar para poder ofrecer 1.500 racións nunha Praza da Carrasca totalmente cuberta por paraugas de cores grazas á colaboración de Juan Alves. O evento gastronómico, que se recupera tras dous anos sen celebrarse debido ao Covid, estará amenizado polo Grupo de Gaitas “Cores do Sobreiro” da Asociación de Veciños San Martiño de Borreiros.