Festa Virxe da Saúde en Parada

O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza este sábado 6 de agosto no novo torreiro de festas da parroquia (aparcamento do cemiterio) a Festa Virxe da Saúde. O evento comezará ás 22:30 horas coa actuación do Dúo Marineda, e a partir da 1:30, haberá unha sesión de deejays con Yogui e Isaak Martínez.