Música en Baiona para celebrar o Día das Letras Galegas

Ensaios de Rubén de Lis xunto coa Agrupación Musical de Belesar.

O Concello de Baiona celebrará o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao escritor Carlos Casares, con concertos no Paseo da Ribeira. O cantante Rubén Lis e a Agrupación Musical de Belesar ofrecerán o día 17 de maio, ás 18:00 horas, o concerto “En clave de Folk”, mentres que as 20:00 horas, o mesmo día, será o concerto acústico de Urbano Cabrera.